musicas.mus.br

Letras de músicas - letra de música - letra da música - letras e cifras - letras traduzidas - letra traduzida - lyrics - paroles - lyric - canciones - O VELLO E O SAPO - PUCHO BOEDO - música e letra

Utilize o abecedário abaixo para abrir as páginas de letras dos artistas

A B C D E F G H I J K L M N O P Q R S T U V W X Y Z

O Vello e o Sapo letra


Da aldea lonxana fumegan as tellas
Detrás dos petoutos vai póndose o sol
Retornan prós eidos coa noite as ovellas
Tiscando nas beiras o céspede mol
Un vello, arrimado nun pao de sanguiño
O monte atravesa de cara ó pinar
Vai canso; unha pedra topóu no camiño
E nela sentóuse pra folgos tomar

-¡Ai! -dixo-, ¡qué triste!, ¡qué triste eu estóu!
I on sapo, que oía, repuso
-¡Cro, cro!

¡Ás ánemas tocan!... Tal noite como ésta
Queimóuseme a casa, morréume a muller
Ardéume a xugada na corte, I a besta
Na terra a semente botóuse a perder
Vendín prós trabucos bacelos e hortas
E vou polo mundo de entón a pedir
Mais cando non topo pechadas as portas
Os cans sáienme a elas e fanme fuxir

-Canta, sapo, canta; tí I eu ¡somos dous!
I o sapo choroso, cantaba:
-¡Cro, cro!

Soliños estamos entrambos na terra
Mais nela un buraco tí alcontras I eu non
A ti non te morden os ventos da serra
I a min as entranas I os ósos me rón
Tí, nado nos montes, nos montes esperas
De cote cantando, teu término ver
Eu, nado entre os homes, dormendo entre as feras
E morte non hacho, si quero morrer

-Xa tocan... Recemos, ¡que dicen que hai dios!
El reza, I o sapo cantaba
-¡Cro, cro!

A noite pechaba, I o raio da lúa
Nas lívidas cumes comenza a brillar
Curisco que tolle nos álbores brúa
I escóitase ó lexos o lobo oubear
O probe do vello cos anos cangado
Erguéuse da pedra I o pau recadóu
Viróu para os ceos o puño pechado
E cara ós touzales rosmando marchóu

Cos ollos perdidos o na escura estensión
O sapo quedouse cantando: ¡cro, cro!

¡Cro, cro!

Pucho Boedo - Letras

top 30 músicas

©2003 - 2024 - musicas.mus.br